Thursday 16 de May de 2024

O Museo do Humor de Fene incrementa os seus horarios polo Nadal


A biblioteca e a aula de estudo da Casa da Cultura tamén modifican o seu horario de
atención durante as vacacións

Desde este xoves 22 de decembro e ata o sábado 7 de xaneiro cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura de Fene, do Museo do Humor e da Biblioteca Municipal “Pérez Parallé”. Así, o Museo do Humor abrirá ao público este Nadal de 10.00 a 14.15h. polas mañás e, ademais, as instalacións tamén poderán visitarse os días 22, 27 e 29 de decembro en horario de 17.00 a 21.00h. Esta ampliación de horarios é froito dunha subvención proveniente da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, a Biblioteca Municipal de Fene e a Aula de estudo da Casa da Cultura abrirán á veciñanza durante as festas no horario previsto para os períodos vacacionais, é dicir, de luns a venres desde as 10.00 ata as 14.15h.

Durante o Nadal, os sábados, domingos e festivos -24, 25, 31 de decembro, 1, 6, 7 e 8 de xaneiro- todos estes servizos permanecerán pechados. A partir do luns 9 de xaneiro a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal e o Museo do Humor de Fene retomarán a súa actividade xa co horario habitual de inverno.